
Abrimos o prazo de inscrición para o Certificado de Profesionalidade de nivel 2 en Soldadura por arco con electrodo revestido (FMEC0319_2). Unha formación oficial, totalmente gratuíta, pensada para persoas desempregadas que queiran especializarse nun oficio con ampla saída profesional.
🗓 Datas: do 27 de maio ao 4 de novembro de 2025
📍 Lugar: Lugo
⏳ Duración: 560 horas de formación + 80 horas de prácticas non laborais en empresa
Requisitos de acceso:
- Estar en posesión do título de ESO, outro certificado de nivel igual ou superior, ou ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio.
- Estar inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego.
- Existen prazas limitadas para persoas traballadoras en activo.
🔧 Esta formación ofrece unha oportunidade real de mellora profesional nun sector con demanda crecente. Ao remate do curso, as persoas participantes contarán cun certificado oficial recoñecido en todo o territorio nacional.
📞 Teléfono de contacto: 982 828 358
📧 Correo electrónico: formacion@beproject.es
Este programa está financiado pola Xunta de Galicia.