Galegas Dixitais é un programa gratuíto para a dixitalización de mulleres. Promove o desenvolvemento de habilidades dixitais, dende un coñecemento básico ata un orientado ó emprendemento, pasando polo avanzado.
Este proxecto organizado pola UTE Ara Formación e Beproject e Promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ten como obxectivo a formación en competencias dixitais. Terán acceso ó programa, mulleres das provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo, que cumpran o requisito de estar inscritas na oficina de empleo ou ter solicitada a mellora de emprego.
Os obxectivos de Galegas Dixitais son: favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento do rural e reducir a fenda de xénero.
A participación no programa require da inscrición previa a través dun formulario en www.galegasdixitais.es. Un total de seis mil mulleres- máis de catro mil en Pontevedra, máis de mil en Ourense e novecentas en Lugo- terán a oportunidade de formarse en novas tecnoloxías.
Cada un dos tres módulos de competencias dixitais constan de 40 horas de formación cun módulo transversal, de 5 horas cada un, sobre igualdade de oportunidades.
A cada participante no programa se lle fará entrega dun ordenador portátil Chromebook de agasallo e o material didáctico para facilitar o seguimento da formación.
Ademais, unha vez finalice o programa as participantes recibirán un título oficial emitido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia.
O programa Galegas Dixitais deu comezo no mes de agosto e ten previsto continuar ao longo do ano nos diferentes municipios galegos. O programa é unha forma de acercar o mundo dixital as zonas rurais, co fin de que a tecnoloxía non sexa un problema para a vida diaria, e evitar que a brecha dixital provoque un foco de desigualdade.
Con esta formación as participantes adquirirán moitas das competencias que se están esixindo na actualidade como consecuencia do proceso de dixitalización. Pois a falta de formación dixital dificulta as posibilidades de contratación para un emprego. As cifras demostran que, aproximadamente, hai 350.000 postos de traballo que non están cubertos porque demandan profesionais con competencias dixitais.
Este proceso de dixitalización da sociedade e unha resposabilidade que recae tamén sobre os organismos públicos. Por esa razón, programas ou cursos que, como Galegas Dixitais, promoven a causa, contan co financiamiento da Xunta de Galicia a través dos fondos Next Generation e do Plan de Transformación e Resiliencia da Unión Europea.